Programa 2026

Cartel Mostra Teatro Galego de Cariño 2026

DOMINGO 2 DE AGOSTO

}

12.00 horas

Espectáculo itinerante con saída dende o Concello

APERTURA da XLVIII MOSTRA de TEATRO GALEGO de CARIÑO

 

Compañía Catropés: «ANIMACREQUES»

Descrición

En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza xorde esta proposta de animación e intervención na rúa. Anxela Blanco e Vanessa Rivas propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e interactuar coas intérpretes ao longo dun percorrido no que a relación humana, o agarimo e a delicadeza son o contido principal da animación.

}

13.00 horas

Praza da Pulida

Público Familiar

Entrada: de balde

Compañía Teatro Ghazafelhos: «Historias para escagharriñarse»

Descrición

Tres feirantes percorren o mundo co seu carromato contando vellas historias da cultura popular que removerán pesadelos nos incautos oíntes. Coincidindo co seu 20 aniversario, Teatro Ghazafelhos recupera un dos seus primeiros espectáculos de rúa facendo uso do seu característico humor.

}

21.00 horas

Praza da Pulida

Para todo público

Entrada: de balde

Compañía Colectivo Glovo: «Tríade e Alleo»

Descrición

Compañía Colectivo Glovo TRÍADE e ALLEO, ten como punto de partida esa necesidade de xuntarse, vincularse e bailar desde o coidado e a escoita. ALLEO baséase na idea da atalaia. Parte do condicionamento da “privilexiada” posición da torre e de quen desempeñaba o papel na vixilancia.

LÚNS 3 DE AGOSTO

}

12.00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Compañia Fantoches Baj: «A viaxe feliz de Ramón Sanfiz»

Descrición

Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que aprendeu dos habitantes que atopou polo rico camiño cultural que cruza a Mariña e remata na serra da Capelada.

}

22.00 horas

Auditorio Municipal

Público Adulto

Entrada: 6€

Malasombra Producións: «ICTUS»

Descrición

ICTUS é unha obra sobre a memoria, sobre a relación que existe entre boa memoria e boa democracia e sobre os traumas sen resolver coa nosa memoria histórica. Unha obra que usa como fío condutor o cadro titulado “A derradeira leición do mestre”, que é a derradeira pintura que Castelao asina no exilio, cando está case cego. Esta obra integra en escena a lingua de signos (LSE) para persoas xordas signantes e conta con audiodescrición en directo desde o escenario integrada na narrativa, para persoas con discapacidade visual.

MARTES 4 DE AGOSTO

}

12.00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Compañía Muu: «Crunch 2»

Descrición

Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda frouxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes.

}

22.00 horas

Auditorio Municipal

Para público adulto

Entrada: 6€

Producións Teatrais Excéntricas: «Mofa e Befa — Os dous de sempre»

Descrición

Os dous de sempre. Dous personaxes xa coñecidos que, a través do humor e da retranca, repasan situacións da vida cotiá. Cun estilo sinxelo e moi directo, constrúen escenas cheas de ironía e crítica social. A obra xoga co absurdo e co recoñecible, facendo que o público se vexa reflectido nas súas historias. Entre risas, tamén deixa espazo para a reflexión sobre a realidade que nos rodea.

MÉRCORES 5 DE AGOSTO

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Compañía Galeatro e Xarope Tulú: «Berenguela na gaiola»

Descrición

Nunha residencia da terceira idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Berenguela na gaiola é unha divertida e emotiva proposta para público familiar; unha coprodución gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2025.

}

22:00 horas

Auditorio Municipal

Para público adolescente e adulto

Entrada: 6 €

Compañía Mariña Lestón: «Costa da Morte — Cartografía dun naufraxio»

Descrición

Cartografía dun naufraxio. Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar ás persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar ás que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento. A proposta presentarase en formato accesible con lingua de signos e intérprete Gema Santos. Busca achegar as artes escénicas a todas as persoas, incluídas aquelas que adoitan quedar fóra por falta de accesibilidade.

XOVES 6 DE AGOSTO

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Compañía Tarabela Creativa: «Tarabela ambulante»

Descrición

Esta é a historia de Mariña, unha nena que grazas ao aburrimento se converte en idea! O seu pensamento ten forma de tarabela de cores. Unha tarabela de 2,20 m de altura que cada vez que xira fará que se lle vaian ocorrendo un lote de ideas mentres xoga na súa habitación. Así, irase enfrontando a dragóns, a xigantes, aprenderá a usar o inxenio e ata tocará o violoncello. Usará a linguaxe do xogo, mediante a cal poderemos entrar no seu universo, no que encarnará distintos personaxes fantásticos. E a iso tamén nos axudarán os seus enormes xoguetes, a música, os efectos visuais e sonoros e o vestiario.

}

22.00 horas

Auditorio Municipal

Para público adulto

Entrada: 6€

Compañía De este Xeito: «Feminísimas»

Descrición

Tres amigas reencóntranse despois de moito tempo sen verse. O encontro deriva nun debate sobre o feminismo e as súas diferentes visións. Cada unha defende unha postura distinta, xerando momentos de humor e tensión. A obra reflexiona sobre a igualdade e as contradicións da sociedade actual.

 

VENRES 7 DE AGOSTO

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Compañía Píscore: «Concerto singular»

Descrición

Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

}

22.00 horas

Auditorio Municipal

Para público adulto

Entrada: 6€

Compañía Carlos Blanco: «A penúltima»

Descrición

Porque nunca se sabe. Carlos Blanco bota a penúltima. Porque o tempo pasa e… Carlos chega agora con imaxes, con historias novas e vellas pero sempre coas risas garantizadas. 70 minutos con Carlos son sempre breves, divertidos, sanadores, imprescindibles. A penúltima chega este ano e xa veremos despois o que pasa. Para non perdelo.

SÁBADO 8 DE AGOSTO

}

13:00 horas

Praza da Pulida

para todo público

Entrada: de balde

Compañía A Vela Circo: «Enredos»

Descrición

Non sempre é fácil encaixar. É o primeiro día na fábrica, unha vella factoría que acaba de herdar do seu avó e que xa viviu épocas mellores. Coa ilusión do primeiro día comeza a súa xornada, pero pronto se dá de conta que as instalacións necesitan algo máis que uns amaños. A maquinaria oxidada, os engrenaxes desaxustados, as estruturas inestábeis… convértense no escenario perfecto para un sinfín de torpezas e inesperadas habilidades. Nun mundo dominado polas máquinas, a arte do circo emerxe como unha forma de rebelión e liberdade.

}

22.00 horas

Praza da Pulida

para todo público

Entrada: de balde

Joshua Kenneth: «Degustación de imposibles»

Descrición

Degustación de imposibles é unha obra apta para todos os públicos creada polo ilusionista guiri-galego Joshua Kenneth.

Nesta selección de imposibles a realidade do público distorsiónase con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas. Unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado e onde nada é imposible. Atréveste?

Logo Mostra Tetrato Galego Carino
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.