Entradas
Prezos
Mostra Infantil : 1,50€
Mostra de Noite: 6€
Bono: Bono: 25€ (permite o acceso a todas as funcións de noite).
Pago preferido con tarxeta.
Pódese adquirir dende o día 27 e ata o 31 de xullo, no servizo de recadación na primeira planta da Casa do Concello (Avda. da Paz, 2) de 9:00 a 14:00 horas.
Horarios
As funcións infantís terán lugar ás 12 horas. Procederase á venda de entradas dende as 11.30 horas.
As funcións de noite terán lugar ás 22.00 horas. Procederase á venda de entradas dende as 21.15 horas.
As funcións de rúa son gratuítas.
Premio do Público
O público asistente ás funcións poderá escoller ao mellor espectáculo da Mostra de Teatro de Cariño 2026.
Coa entrada de cada espectáculo, o público recibirá unha papeleta a través da cal outorgará unha puntuación ao mesmo.
Os espectáculo coa maior votación serán premiados como:
MELLOR ESPECTÁCULO DA MOSTRA DE TEATRO DE CARIÑO 2026.
MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL DA MOSTRA DE TEATRO DE CARIÑO 2026.
