• O martes, o Grupo Chévere recibiu o Premio Público Adulto pola súa obra ‘As Fillas Bravas e o mito de Casandra’.
  • Este mércores, a Compañía Píscore recibiu o Premio Público Infantil no nome de Baoabab Teatro por ‘Ás para Álex’.

Continúa a XLVII edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño, que afronta os seus últimos días cunha programación diversa con opcións para todos os públicos. Este ano, a Mostra organizada polo Concello de Cariño contou con varias novidades, unha delas, que a entrega dos Premios do Público da pasada edición pasou a realizarse antes do comezo das funcións das compañías galardoadas.

Así, o pasado martes, 5 de agosto, o Grupo Chévere recibiu o Premio Público Adulto 2024 pola súa obra ‘As Fillas Bravas e o mito de Casandra’, que conquistou ao público cariñés cunha puntuación de 688 puntos. A entrega tivo lugar antes da súa actuación na presente edición, onde presentaron a obra ‘As fillas bravas de Momán 2025’ no Auditorio Municipal.

E hoxe, mércores 6 de agosto, fíxose entrega do Premio Público Infantil 2024, que nesta ocasión recaeu en Baobab Teatro pola súa proposta ‘Ás para Álex’, con 413 puntos. A compañía xa non se atopa en activo, polo que o galardón foi recollido no seu lugar pola Compañía Píscore. A compañía, que representou esta mañá a súa obra ‘Molto Barroco’, pertence á mesma produtora (Culturactiva Producións).

A Mostra continúa ata o sábado 9 de agosto

Aínda quedan varias xornadas de teatro no Concello de Cariño, xa que a Mostra continuará ata o próximo sábado, 9 de agosto. Haberá dous espectáculos por día no Auditorio Municipal, agás na xornada do sábado, que volverase á Praza da Pulida.

O xoves 7 de agosto será a quenda de Náufragos Teatro con ‘Bule Bule’ (12:00 horas) e de Culturactiva Producións con ‘Nada se sabe’ (22:00 horas). O venres 8 representaranse as obras ‘Crisálida’ de Caramuxo Teatro (12:00 horas) e ‘Arte sen guión’ da Compañía Galeatro (22:00 horas). E xa para rematar, a xornada do sábado 9 de agosto despedirase a XLVII edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño cos espectáculos de circo ‘Oh Pera!’, de Zirko Txosko (12:30 horas), e ‘Rogelio III. La Fête’, da Agrupación Assircopatas (21:00 horas). Estes dous últimos espectáculos serán na Praza da Pulida con entrada de balde.

Logo Mostra Tetrato Galego Carino
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.