Programa

Do Luns 12 ao Mércores 14 de Agosto
Entre as 10 e as 14 horas
Auditorio Municipal
Inscrición gratuita, do 29 de xullo ao 8 de agosto na Casa do Concello de Cariño. Dirixido a persoas maiores de 16 anos
«Obradoiro de Creación Escénica con Ibuprofeno Teatro»
Descrición
Imparten Santiago Cortegoso e Marián Bañobre.
Obradoiro de creación, de forma colectiva, dun proxecto damatúrxico no cal o texto non existe previamente á posta en escena, senón que forma parte dela. Son xestados, polo tanto, dentro de procesos de experimentación nos cales a escrita é case un elemento máis, xunto coa concepción do espazo escénico e do vestiario, a música, a luz,…
Esta forma de traballar parte da premisa de que os actores e actrices son @s verdadeir@s creador@s. Deixan de ser “intérpretes” de textos e ideas alleas para situárense no verdadeiro lugar que lles corresponde: o centro do feito teatral. Son el@s @s que xeran o texto, as súas propias réplicas (diálogos e monólogos) e as súas accións. A figura do director ou drmaturgo pasa a ser un coordinador do proceso.
A dinámica básica é emprender un proceso de creación para investigar e descubrir as posibilidades expresivas dos actores e das actrices cando non parten de textos previos. Mediante o xogo e as improvisacións individuais e colectivas, trataremos de xerar unha obra propia, non tanto para acadar un resultado óptimo, senón co obxectivo de experimentar o goce e a vertixe de xerar contido escénico a partir do material emotivo e imaxinativo que cada un/unha pode aportar.
Vernes 16 de Agosto
Diversos horarios
Diferentes puntos do Concello de Cariño
Entrada gratuíta
Barafunda Animación: «Percebes de Ortegal»
Descrición
“Percebes de Ortegal”. Animación de rúa creada por Barafunda Animación para a Mostra de Teatro de Cariño. Dúas persoas, caracterizadas de percebe procedentes dos Aguillóns de Cabo Ortegal, tomarán as rúas e praias de Cariño co obxecto de animar á veciñanza e ás persoas que nos visiten a participar activamente nas diferentes actividades da Mostra.
21.00 horas
Praza do Concello “Campín”
Entrada gratuíta
Acto de Presentación Oficial da Mostra e Pablo Méndez: «Quimera»
Descrición
Artistas en escena: Tatiana Fontenla García, Iván Couso Campos, Fátima Carbia Lorenzo, Iván Burgos Ruibal, Caroline Ramil Sanders, Felipe Catalán Arufe e Alejandra Balboa Rodríguez.
Duración: 60 minutos
Para todos os públicos
Quimera é un espectáculo inspirado nunha visión máxica da natureza, onde os soños e a mitoloxía se entrelazan. Calquera ilusión, produto da psique, por improbable que pareza pode tornarse realidade. Pablo Méndez xoga neste espectáculo coa maxia buscando a sorpresa do espectador. Mediante unha linguaxe visual e acrobática esta viaxe fantástica estimula a imaxinación do público ata o final. Unha aventura que non te deixará indiferente.
Sábado 17 de Agosto
12:00 horas
Porta da Pulida
Entrada gratuíta
Teatro Ghazafelhos: «A Illa Sen Tesouro»
Descrición
Guión e Dirección: Pepablo Patinho
Artistas en escena: Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho
Duración: 55 minutos
Para público familiar.
Enlace do vídeo:
A illa sen tesouro é a nova proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos.
Apoiados nunha escenografía dinámica que se transforma nun meson, nun barco, nuha cova e nunha empalizada, os tres actores e actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do publico, da fabulosa aventura de piratas.
Musica, bailes, peleas de espadas, toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos e un guiño a un clásico literario para toda a familia.
20.30 horas
Praza do Concello “Campín”
Entrada gratuíta
Vol’E Temps: «DistanS»
Descrición
Premio FETÉN 2019
Premio Lorca Espectáculo de Circo 2019
Artistas en escena: Sara Ortiz e Albert Moncunill Ferrer.
Técnica Teatral: Circo – teatro.
Duración: 50 minutos.
Público familiar.
Un pacto, un código secreto, unha cápsula do tempo, unha promesa…
Dentro de 20 anos no mesmo sitio á mesma hora.
A vella casa da árbore onde os dous amigos compartían as súas tardes de ocio entre xogos, risas, fantasías e complicidade.
O tempo pasa e a distancia é inevitable pero non ten que supor o esquecemento. Como dicía a canción, 20 anos non é nada… E dous personaxes que atoparon a forma de poder seguir xuntos na distancia aínda que a vida os leve por camiños diferentes.
Unha viaxe a través das emocións nun espazo visual e sonoro que envolve as escenas de circo acrobático e teatro xestual que conforman un espectáculo orgánico, sensible e divertido.
DistanS fala da amizade: os recordos que seguen vivos nos nosos corazóns máis aló dos anos. Fala da fraxilidade do ser humano, da ruptura, da soidade, e do amor capaz de rexenerar e reconstruír as nosas relacións cos demais.
Domingo 18 de Agosto
12:00 horas
Praza do Mercado
Entrada gratuíta
N+1: «Circanelo»
Descrición
Creación: Fredi Muiño.
Elenco: Fredi Muiño.
Xénero: Circo, clown.
Duración: 60 minutos
Para todos os públicos
Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; é espontaneidade, sorpresa e
diversión; entusiasmo, tenrura e enxeño. Unha personaxe de múltiples recursos que combina diferentes disciplinas tuteladas por un marcado rexistro clownesco para crear unha historia absurda sobre un artista coa intención de presentar o seu espectáculo. O público o acompañará nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos ós conflitos de este paiaso que non dubida en exporse, en mostrarse para chegar a grandes e a nenos.
13.15 horas
Praza do Concello “Campín”
Entrada gratuíta
Concerto: «BROKEN PEACH»
Descrición
Xénero: Rock & Soul.
Duración: 90 minutos
Para todos os públicos
Broken Peach, a banda de Rock & Soul.
Podería dicirse que somos unha banda, podería dicirse que somos un coro, ou podería dicirse que somos un espectáculo para nenos e adultos… e a verdade, podería dicirse que somos un pouco de todo. Creamos unha nova forma de fusionar a música co espectáculo tentando desmarcarnos das típicas bandas de versións, dándolle un toque persoal a cada un dos temas que interpretamos. A nosa formación é de 4 voces, batería, baixo, guitarra/piano.
Unha das nosas mellores bazas é ter unha estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes.
O noso eclecticismo músical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk, pop, etc.
20.30 horas
Praza Roxa
Entrada gratuíta
Kanbahiota: «Vaia circo»
Descrición
Premio do Público Festiclown San Fernando 2014
Premio do Público GUAY Guadalajara 2014
Artistas en escena: Abraham Pavón, Rosina Castelli e Anselmo Lorenzo.
Técnica Teatral: Aéreos, Aro Cyr, mastro chino, acrobacias e clown.
Duración: 50 minutos.
Para todos os públicos.
O espectáculo debe continuar. É a máxima do artista. A función é todo, ao público non se lle pode defraudar. E no circo, o maior espectáculo do mundo, todo debe saír perfecto baixo a carpa… Polo menos, saír! E ese é o dilema co que se atopan os protagonistas: “Saír ou non saír.” Falta todo o elenco, fuxiron os artistas e as tres personaxes que saen a escena sopran pola angustia de perderen unha función. Malia todo, non se renden: o espectáculo debe continuar.
Vaia circo! é un dos mellores espectáculos de rúa con acrobacias aéreas do último lustro: trapecio coreano, aro, trapecio dobre, mastro … Un senfín de incribles e arriscadas técnicas onde volvemos ao circo clásico e ao “máis difícil aínda”.
22.15 horas
Auditorio Municipal
5€
Malasombra Producións: «Bernarda (Vilalba, 1975)»
Descrición
Autor e Dirección: Jose Prieto.
Artistas en escena: Luisa Merelas, Celia González e Esther Aja.
Xénero: Drama con humor.
Duración: 75 minutos.
A partir de 14 anos.
- Unha vila de Galicia. Bernarda queda viúva o mesmo día da morte de Franco. Quédanlle dúas fillas mozas e xemelas . Bernarda decreta o estado de loito. Durante dous anos non poden ver a televisión, nin escoitar a radio, nin ler revistas. Durante dous anos só poden saír da casa para ir á misa, á tenda ou ó cemiterio. Durante dous anos as contras deben estar pechadas día e noite. Fóra, a sociedade da transición está cambiando. Dentro, Bernarda fai todo o posible para que eses cambios non entren na súa casa.
Lunes 19 de Agosto
12:00 horas
Auditorio Municipal
1€
Baobab Teatro: «Mai Mai»
Descrición
Artista en escena: Xose Manuel Esperante, Andrea Bayer e Óscar Ferreira.
Duración: 50 minutos
Público familiar a partir de 3 anos.
«Mai Mai» é a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….
Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer con nós e co noso planeta.
22:15 horas
Auditorio Municipal
5€
Ibuprofeno Teatro: «Casa O´Rei»
Descrición
Premios María Casares 2019 a Mellor Actor Protagonista (Miguel Borines) e Mellor Música Orixinal (Alonso Caxade).
Mellor montaxe (escenografía, vestiario, luz e espazo sonoro) no Certame de Teatro Garnacha de Rioja Haro 2018.
Dramaturxia e Dirección: Santiago Cortegoso.
Artistas en escena: Miguel Borines, Vistoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira e Xosé M. Esperante.
Xénero: Drama – Contemporáneo
Duración: 100 minutos.
Para público adulto.
Con «Casa O’Rei», Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con «O furancho» e «Raclette». Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do «Rei Lear» de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.
Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.
00.15 horas
Praza do Mercado
Entrada Gratuita
Avelino González: «Contos de Contrabando»
Descrición
Monólogo a cargo de Avelino González.
www.avelinogonzalez.gal
Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa.
Martes 20 de Agosto
12:00 horas
Auditorio Municipal
1€
Elefante Elegante: «Patapatúm»
Descrición
Premio ao mellor espectáculo infantil nos María Casares 2019.
Creación e Dirección: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Artistas en escena: Agustín Bolaños, Gonçalo Guerreiro e María Torres.
Xénero: Teatro visual baseado no xesto e no movemento.
Duración: 45 minutos
Para público familiar e infantil a partir de 4 anos.
Sorpresa! E outra máis! E moitas máis! Unha montaña de agasallos!
Grandes, pequenos, lixeiros, pesados, azuis, verdes, laranxas, cadrados e redondos! Agasallos de todas formas e mesuras, pero sempre divertidos. Os máis pequenos emocionados non dan feito entre tanto xoguete. Pero os maiores, atados pola espiral do tempo con compromisos e obrigas, non son quen de facer un oco na súa apretada axenda para compartir a fantasía cos máis pequenos. PATAPATÚM é a nosa reflexión sobre o tempo, a crianza e como enchemos os baleiros das nosas ausencias.
PATAPATÚM é un espectáculo de teatro visual sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada na musica dixieland, a máscara e o xogo físico propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotidiana.
22.15 horas
Auditorio Municipal
5€
Estudo Momento: «Macbeth. O Ruido e a Furia»
Descrición
Autor: William Shakespeare
Versión: Manuel Lourenzo
Dirección: Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares
Artistas en escena: Xoán Carlos Mejuto, Luis Iglesia, Iria Ares, Carlos Sante e David Perdomo.
Xénero: Traxedia.
Duración: 90 minutos.
Público adulto.
Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura. Tambores de guerra. Berros de barro. Versos de sangue, traizón e norte. Feiticeiras retranqueiras e ministras do fado, manipuladoras dos máis bravos guerreiros. Un tempo eterno e circular do que ninguén volta xamais.
Voltan os tempos escuros. Voltan os tempor de Macbeth.
Miércoles 21 de Agosto
12:00 horas
Auditorio Municipal
1€
Tanxarina: «A Galiña Azul»
Descrición
Premio ao Mellor Espectáculo de Títeres en Fetén 2018
Premio María Casares 2018 ao Mellor Espectáculo Infantil
Texto orixinal: Carlos Casares
Adaptación e dirección: Cándido Pazó
Artistas en escena: Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Río e Eduardo R. Cunha “Tatán”.
Xénero: Monicreques.
Duración: 50 minutos
Público infantil e familiar.
Enlace do vídeo:
“Lourenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita. Unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de cores. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.”
A Galiña Azul é un espectáculo que fala da diversidade e da solidariedade, destinado ao público infantil e familiar, no que empregamos diversas técnicas de manipulación de bonecos e traballo actoral.
O texto de C. Casares, pedra angular da literatura infantil galega, cobra nova vida neste espectáculo que recolle catro contos do orixinal do autor, nunha diivertida adaptación.
22.15 horas
Auditorio Municipal
5€
Eme2: «A Leituga»
Descrición
Autor: César Sierra
Dirección: Victor Duplá
Artistas en escena: Xose Barato, Mercedes Castro, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez e María Vázquez
Xénero: Comedia dramática
Duración: 80 minutos.
Público adulto
Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior, Virxinia (Mercedes Castro) e o seu marido, Héctor (Antonio Durán Morris), para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma desde fai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai entre Virxinia e os seus irmáns Vinicio (Xosé Barato), Víctor (Federico Pérez) e a muller deste último, Dora (María Vázquez).
Xoves 22 de Agosto
12:00 horas
Auditorio Municipal
1€
Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos: «A Nena E O Grilo Máis Aló»
Descrición
Artistas en escena: Magín Blanco, Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho e Cristian Legiero.
Xénero: Espectáculo músico teatral
Duración: 60 minutos
Público infantil e familiar. Maiores de 3 anos.
Enlace do vídeo:
A última e máis recente entrega de “A nena e o grilo”, o musical infantil máis aclamado do panorama galego, chega aos teatros. Nesta última creación de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos A nena e o grilo corren novas aventuras. Se queredes descubrilas tedes que estar atentas. A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude a araña, Buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. A Nena e grilo mais aló é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas… Que pasa logo da morte?
22.15 horas
Auditorio Municipal
5€
Contraproducións: «A Compañeira de Piso»
Descrición
Autora: Jen Silverman
Dirección: Belén Pichel e Cándido Pazó.
Artistas en escena: Patricia Vázquez e Rebeca Montero.
Xénero: Comedia dramática
Duración: 90 minutos.
Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.