Programa
MÉRCORES 4 E XOVES 5 DE AGOSTO
Entre as 10 e as 14 horas
Dirixido a persoas a partir de 12 anos
Aforo máximo: Segundo a normativa covid nese momento
Auditorio Municipal
12 €
Obradoiro: “Pensar en movemento”
Programa: Cara a unha Escena Plural.
Descrición
Inscrición entre os días 26 e 30 de xullo no correo cultura@concellodecarino.gal.
Coordinan e Imparten: Sabela Mendoza e Caterina Varela.
PENSAR EN MOVEMENTO. Un obradoiro teórico práctico de achegamento as artes do movemento.
Este obradoiro propón unha aproximación á danza e o movemento dende a teoría e a práctica. Durante dúas xornadas, introduciremos algúns dos conceptos básicos da danza contemporánea (tanto en relación á súa evolución como á súa linguaxe), aprendendo e exercitando ferramentas para a percepción corporal propia, e tamén para ampliar a mirada como público.
As sesións combinarán exercicios sinxelos de coreográficos e de movemento, con dinámicas de lectura e debate arredor de textos e materiais audiovisuais, sempre arredor da creación contemporánea. Daranse a coñecer algunhas das figuras actuais máis destacadas da creación coreográfica galega.
O obradoiro está dirixido a persoas interesadas no mundo escénico, sen necesidade de coñecementos previos, que queiran achegarse ou ampliar a súa experiencia en relación co movemento e os procesos creativos.
DOMINGO 8 DE AGOSTO
12.30 horas
Itinerante
Barafunda Animación: “Barcos do Ortegal” acompañados por Os Bregadiers
Descrición
“Barcos de Ortegal”. Animación de rúa creada por Barafunda Animación para a Mostra de Teatro de Cariño. Tres persoas, caracterizadas de mariñeiros de época acompañados dun barco de primeiros do século XX duns 6 metros de longo, tomarán as rúas e praias de Cariño co obxecto de animar á veciñanza e ás persoas que nos visiten a participar activamente nas diferentes actividades da Mostra.
Os Bregadiers. Ritmos swing, jazz e rock&roll en todas as rúas a cargo dos Bregadiers, experimentados músicos galegos nunha formación que leva á rúa músicas doutras latitudes, nunca antes escoitadas nas vilas e cidades galegas. Inspirados nas brass bands, fanfarrias ou bandas gypsy, Os Bregadiers son herdeiros destas tradicións, cunha calidade musical e artística fóra de toda dúbida.
20.30 horas
Praza do Campín
Aforo máximo: limitado
Entrada Gratuita
Inscrición previa
Acto Oficial de Presentación. Entrega do Premio do Público 2020 e do Premio do Público Infantil 2020
Nova Galega de Danza: “Leira”
Descrición
Dirección artística: Jaime Pablo Díaz.
Coreografía: Vitaly Motouzka.
Artistas en escena: Jon Sádaba, Guillem Fluixá, Andrea Pérez, Jose Monreal, Aritz Sardina.
Duración: 35 minutos.
Público familiar.
O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.
LUNS 9 DE AGOSTO
12.00 horas
Auditorio Municipal
Aforo reducido
Entrada 1€
Teatro do Andamio: “Carapuchiña no faiado”
Descrición
Autora: Tatiana Likhacheva
Dirección: Tatiana Likhacheva
Artistas en escena: Gema Ulloa e Fran Giraldo.
Duración: 50 minutos
Para público familiar e infantil a partir de 3 anos.
Flora é unha actriz que conta os contos de sempre, pero de un xeito moi especial. Hoxe toca “Carapuchiña” ¡¡o seu conto favorito de cando era nena!! Pero a cosa complicase: Flora se retrasa, o seu reloxo parouse e chega tarde á función. Por si isto fora pouco, Bruno, o técnico de esta obra ¡¡¡non aparece por ningures!!!…
Pero tranquilos, non vos movades das butacas. Estade moi atent@s, porque en este faiado Flora atopará todo o que precisa. Ademais… o conto de hoxe será moi distinto.
MARTES 10 DE AGOSTO
12:00 horas
Aforo reducido
Auditorio Municipal
1€
Talía Teatro: “Voa, Voa!”
Descrición
Autoría e Dirección: Artur Trillo.
Artistas en escena: María Ordóñez e Toño Casais.
Duración: 50 minutos.
Para público familiar. A partir de 4 anos
Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente para público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.
Unha montaxe na que ser proporá recuperar ditos, retrousos, xogos de man,…toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. Un espectáculo para incentivar a xogar, pero sobre todo incentivar ás familias (nais, pais pero sobre todo avoas e avós) a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.
MÉRCORES 11 DE AGOSTO
12:00 horas
Aforo reducido
Auditorio Municipal
1€
Teatro Ó Cubo: “Ningures”
Descrición
Dirección e dramaturxia: Roberto C Mouriño
Artistas en escena: Sofía Espiñeira e Roberto C Mouriño..
Duración: 50 minutos
Público infantil e familiar, a partir de 6 anos.
A través do humor, a danza, a manipulación de obxectos e o teatro físico, Teatro Ó Cubo lanza a súa cuarta produción, marcada por unha nova estética e diálogo co público infantil e familiar. Unha peza que afonda nas metas e frustracións, nos propios retos, nos encontros e desencontros e nos medos que nos paralizan, poñendo en valor a amizade, o fracaso como parte do camiño e o respecto pola diversidade de cada quen. Unha viaxe pola vida mesma.
Dúas formas de ver o mundo. Dúas maneiras de chegar a un lugar. Dous xeitos de comportarse e un obxectivo común: chegar a Ningures. Rita e Denís, viaxeiras profesionais incansables, cruzan os seus camiños no misterioso limiar das portas de Ningures, lugar ansiado por todos os viaxeiros. Mais as portas agochan moitos segredos. Serán quen de atravesalas? Conseguirán o seu propósito? Superarán este reto?
XOVES 12 DE AGOSTO
12:00 horas
Aforo reducido
Auditorio Municipal
1€
Teatro Ghazafelhos: “Rubicundo”
Descrición
Dirección e adaptación: Pepablo Patiño
Texto orixinal: María Canosa.
Artistas en escena: Pepablo Patiño, Montse Piñón, Jorge Casas.
Duración: 60 minutos
Público infantil e familiar, a partir de 3 anos.
Todas as noites Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea, disposta a chegar até o fin daquel misterio. Pois así era esta rapaza, curiosa e soñadora… Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias. Rubicundo está baseado na novela homónima de María Canosa finalista no premio da XXIX edición do Merlín de literatura infantil 2014.
20:30 horas
Aforo reducido
Campín
Entrada Gratuíta
Paulo Maestro: “Ritual poético do fauno do orballo”
Descrición
Gañador do Slam Poetry Compostela 2019
Vivimos tempos difíciles nos que as necesidades emocionais son moitas e tódalas precaucións, poucas. Porén, o noso artista local, Paulo Maestro, virá para realizar un ritual sanador ca axuda dos deuses da poesía (que non significa máis cousa que creación).
VENRES 13 DE AGOSTO
12:00 horas
Aforo reducido
Auditorio Municipal
1€
Pedras de Cartón: “Quixote”
Descrición
Dirección: Laura Sarasola.
Elenco: Juan Rodríguez e Pablo Sánchez.
Duración: 55 minutos
Comedia para toda a familia.
Quixote é o segundo espectáculo de Pedras de Cartón. Desta volta afrontan o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, afrontan as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu escudeiro Sancho. Un Velocípedo no que vai montado Quixote será o Rocinante, e un triciclo no que irá montado Sancho será o peculiar Rucio, o asno de Sancho Panza. No fondo colgará un pano azul que cubrirá todo o escenario e sobre o que se xogarán as escenas de día ou noite.
SÁBADO 14 DE AGOSTO
12:00 horas
Aforo reducido
Campín
1€
Inscrición previa
Xampatito Pato: “Só”
Descrición
Premio do Público Festival Malabharía 2020 – 2º Premio Panorama Circada – Premio ¡Chucha! Festival de Circo e Clown de Úbeda – Premio Festival Al Freskito – Premio Festival Utebo Respira Circo – Premio Festival MADn Circus – Premio Festival Acambalachous – Premio Festival Carabolas de Bronchales – Premio Encuentro Zircozaurre – Premio Kandengue Arts
Dirección: Arturo Cobas e Jesús Velasco.
Elenco: Jesús Velasco.
Técnica Teatral: circo e teatro.
Duración: 50 minutos.
Todos os públicos.
Un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ao seu control e coas que xoga para dar forma ao seu mundo.
Do caos xurde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.
20.30 horas
Aforo limitado
Campín
Entrada gratuíta
Inscrición previa
La Trócola Circ: “Emportats”
Descrición
Premio Fetén 2018 a Mellor Espectáculo de Noite
Premis Arts Escèniques Valencianes a Mellor Espectáculo de Circo 2018
Candidato a Mellor Espectáculo Revelación nos Premios MAX 2018
Dirección artística: Lucas Escobedo.
Dirección de técnica acrobática: Vitaly Motouzka.
Artistas en escena: Jon Sádaba, Guillem Fluixá, Andrea Pérez, Jose Monreal, Aritz Sardina.
Técnica Teatral: teatro acrobático, malabares, música e traballo con obxectos (portas).
Duración: 45 minutos.
Público familiar.
Emportats é un espectáculo de circo para todos os públicos que combina diferentes disciplinas: acrobacia, malabar, música e traballo con obxectos (portas).
A través do xogo co visible e non visible, facendo uso de linguaxes como o musical, humorístico, ou poético, emerxen imaxes e ideas orixinais cuxa estética mergulla ao espectador nunha atractiva viaxe para os sentidos.
É un espectáculo onde a coordinación, a precisión e a enerxía superan os límites establecidos e no que a indiferenza non está entre as posibilidades.
Emportats é o resultado dun arduo traballo onde o importante é o proceso, no que os seus protagonistas despréndense de todo para ensinarnos o que levan dentro.
DOMINGO 15 DE AGOSTO
12:00 horas
casa do concello - itinerante
Entrada gratuíta
Troula Animación: “O estrano caso do dentista da rúa Brasov”
Descrición
Xénero: Circo, teatro. Pasarrúas
Duración: 50 minutos
Para todos os públicos.
Esta é a estrana historia dun dentista da Europa do Leste, o doutor Krakmhu Elah, que percorre co seu carromato vilas e cidades buscando clientes para a sua pequena consulta ambulante. Pero o que ninguén sabe é o seu estrano pasado e a sua estrana obsesión que pouco a pouco irá descubrindo a través de xiros inesperados, feed backs, maxia, clown e interacción co público para solucionar esta delirante historia.
13:15 horas
Aforo limitado
Campín
Entrada gratuíta
Inscrición previa
Mamá Cabra: “Eu cociño, ti cociñas?”
Descrición
Dirección: Pablo Sanches “Pablísimo”
Artistas en escena: Gloria Mosquera, Harry Price, Iago Rodríguez, Diego Maceiras e Luís Iglesias “Luchi”.
Xénero: Espectáculo musical e teatral.
Duración: 50 minutos
Público infantil e familiar.
Timoteo cambiou o seu quiosco por un restaurante chamado COKI. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comeran saudable que abriu un restaurante, e ata ten un blog. As súas receitas teñen ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor… digo con xamón; viaxes de papar e xogar, aventuras de piratas…Timoteo di que cociñando podemos percorrer o mundo e facer amigos: I CAN COOK, CAN YOU COOK? “Eu cociño, ti cociñas?” é unha montaxe especial de Mamá Cabra que combina teatro e música en directo, un divertidísimo espectáculo músico treatral que parte dunha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten nos protagonistas. Unha peza ideal para gozar en familia.
20:30 horas
Aforo limitado
Pista Polideportiva A PEDRA
Entrada gratuíta
Inscrición previa
Rolabola: “Rock Cirk”
Descrición
Dirección: Miner Montell.
Artistas en escena: Rubén Barroso, Iñaki Erdocia, María Muñoz, Juan Antonio Parra Zurita “Zuri” e Alfonso de la Pola.
Duración: 50 minutos.
Xénero: Circo.
Para todos os públicos.
Rock Cirk preséntannos un espectáculo circense aderezado con punteos de guitarra eléctrica, redobres de batería estrambóticos, desgarbados voos, equilibrios esperpénticos e melenas ao aire que se desenvolve nunha peculiar estrutura aérea autónoma. Un rechamante cadro de personaxes roqueiros capaces de seducir a calquera tipo de público, unha mestura dinámica, fresca e divertida entre as técnicas de circo e o Rock máis puro, clásico e divertido, na que se coa un peculiar «home tirachinas» que será disparado ante a mirada atenta do respectable. Un espectáculo que se desenvolve cunha linguaxe corporal, expresivo e musical, cheo de humor, onde a sorpresa e o risco non nos deixarán quitar atención.
LUNS 16 DE AGOSTO
22:15 horas
Aforo limitado
auditorio municipal
5€
Malasombra Producións: “SÓS”
Descrición
Autor: Jose Prieto
Dirección: Jose Prieto e Xoque Carbajal
Artistas en escena: Jouse García e Marcos Orsi.
Xénero: Drama con moito humor.
Duración: 75 minutos.
Para público adulto. Maiores de 14 anos.
“SÓS” é unha reflexión, por veces cómica e por veces máis dramática, sobre a vellez, sobre a convivencia, e sobre a soidade que sofren moitas persoas maiores nos seus últimos anos de vida.
“SÓS” conta a historia de Rodrigo e Marcelino, dous homes octoxenarios que se ven obrigados polas circunstancias a compartir piso.
Os dous anciáns non se coñecen previamente, os dous teñen un carácter totalmente diferente, levaron vidas diferentes e teñen costumes e hábitos absolutamente diferentes, polo que a súa convivencia non vai ser fácil, aínda que non lles vai quedar máis remedio que aprender a tolerarse, porque a pesar de que hai moitas cousas que os separan, teñen algo moi importante que os une: os dous están sos e necesítanse mutuamente para saír adiante.
Rodrigo e Marcelino representan dous modelos de vida distintos, case opostos, que facilmente podemos recoñecer no noso entorno.
Marcelino representa ao home máis tradicional, dos que tiveron un só traballo durante toda a vida, e unha muller tamén para toda a vida.
Rodrigo, pola contra, representa un home máis de “mundo”. Emigrou ao estranxeiro, nunca se casou e a súa vida nunca tivo estabilidade, en contraste coa vida de Marcelino, no que a estabilidade foi o seu ben máis abundante.
Todos coñecemos a algún “Marcelino” e a algún “Rodrigo”. Dúas maneiras de ser e de vivir que chocan nun mesmo apartamento compartido. Dúas personalidades opostas, pero cunha necesidade en común: a necesidade humana de sentirse acompañado.
MARTES 17 DE AGOSTO
22.15 horas
Aforo limitado
Auditorio Municipal
5€
Redrum Teatro: “O Mozo Da Última Fila”
Descrición
Autor: Juan Mayorga
Dirección e tradución: Alex Sampayo
Artistas en escena: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rubén Porto.
Xénero: Drama.
Duración: 100 minutos.
Público adulto.
Claudio é un estudante de secundaria que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre converterase nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.
Unha reflexión cargada de ironía sobre a necesidade de contar historias, a fascinación polas vidas alleas e a lexitimidade da creación artística. Dirixida por Alex Sampayo e cun reparto de luxo, este texto foi escollido en 2018 dentro de plans de fomento á lectura en institutos de secundaria.
MÉRCORES 18 DE AGOSTO
22.15 horas
Aforo limitado
Auditorio Municipal
5€
Sarabela Teatro: «A Lingua Das Bolboretas”
Descrición
Autor: Manuel Rivas
Dramaturxia e Dirección: Gonçalo Guerreiro
Versión: Fernando Dacosta
Artistas en escena: Elena Seijo, Josito Porto, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.
Duración: 70 minutos.
A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, Pardal; vaise descubrindo a historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.
O proceso de aprendizaxe que emprende o rapaz da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento) é testemuña tamén da traxedia que supón vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil.Volver a Rivas é, para Sarabela, voltar a un dos seus autores “fetiche”. É, dalgún xeito, voltar a casa.
XOVES 19 DE AGOSTO
22.15 horas
Aforo limitado
Auditorio Municipal
5€
Companhia do Chapitô: “Napoleão ou o Complexo de Épico” (Portugal)
Descrición
Creación Colectiva.
Dirección Artística: José Carlos García e Cláudia Novoa
Artistas en escena: Jorge Cruz, Susana Nunes e Tiago Viegas.
Xénero: Comedia.
Para maiores de 12 anos.
Duración: 75 minutos.
Moito se dixo e dirase sobre Napoleón Bonaparte, tócalle ao público xulgar ou celebrar a figura histórica, o home que foi Napoleón. A nós quédanos a tarefa de contar, buscando con humor e poesía, os reversos da historia. Porque todas as moedas teñen dous lados: cara ou cruz.
A Compañía do Chapitô créase no ano 1996. Emprega, sempre, a comedia polo seu poder para cuestionar todos os aspectos da realidade física e social. Dende a súa fundación, crea espectáculos multidisciplinares baseados no traballo físico do actor e nun proceso colectivo.
VENRES 20 DE AGOSTO
22.15 horas
Aforo limitado
Auditorio Municipal
5€
Culturactiva Producións: “Conexión Pingüín”
Descrición
Autor: Jose Prieto
Dirección: Marcos Orsi
Artistas en escena: Luis Iglesia e Marcos Orsi.
Xénero: Comedia.
Duración: 70 minutos.
Público adulto.
Unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se enteira, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS, …
Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo… Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.
A trama desta montaxe ten dous planos aparentemente distantes na época, na latitude e no contexto, mais conectados pola liña condutora deste divertido texto. Por un lado, os nosos dous protagonistas trasladarán ao público ao ano 1923, cando tivo lugar unha famosa expedición con rumbo ao polo sur magnético. Dous intrépidos montañeiros, con falta de sentido común e exceso de ego, terán que loitar contra as inclemencias polares, a falta de escoita, o despiste mortal e as súas propias barbas, que non paran de medrar. E por outro lado, unha conferencia formal que, case un século despois, rememora e actualiza aquela fazaña antártica.