DOMINGO 3 DE AGOSTO

}

13.00 horas

Praza da Pulida

Para todo público

Entrada: de balde

APERTURA da XLVII MOSTRA de TEATRO GALEGO de CARIÑO

 

Compañía Pedras de Cartón: «MOBY DICK»

Descrición

Creado a partir da afamada novela homónima de Melville, e xogando coa figura do gran cachalote protagonista -un enorme monicreque de tres metros-, esta é a historia de Ismael, un mozo que decide embarcar nun baleeiro onde vai vivir una chea de perigosas aventuras.

}

21.00 horas

Praza da Pulida

Para todo público

Entrada: de balde

Compañía de danza Fran Sieira: «UN BAILE CEIBE»

Descrición
Peza contemporánea, de baile e música tradicional, arredor da relación entre o xénero e a nosa tradición, a presenza do xénero en distintos ámbitos sociais, e que é o xénero para nós, hoxe, como individuos e como sociedade. Unha reflexión sobre o xénero e os estereotipos sociais, a través de formas novas de entender a relación entre o corpo e o movemento.

LÚNS 4 DE AGOSTO

}

12.00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Teatro dos Ghazafelhos & Magín Blanco: «A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES»

Descrición
Nena e Grilo van vivir unha aventura chea de sorpresas: os Ghazafelhos descubrirán o mundo desde a perspectiva da cativada. Unha produción que consolida e amplía os obxectivos que se propuxo hai máis de quince anos: descubrir, pensar e valorar a amizade, os afectos, a diversidade e a igualdade.
}

22.00 horas

Auditorio Municipal

Para todo público

Entrada: 6€

Malasombra Producións: «TESTOSTERONA»

Descrición
O director dun importante medio de comunicación debe ceder o posto a un dos subdirectores: unha é muller, outro é un home. Que é o que máis vai influir na decisión final?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?…

MARTES 5 DE AGOSTO

}

12.00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Teatro del Andamio: «A NOVA HISTORIA DA CIGARRA E A FORMIGA»

Descrición
A nova historia da cigarra preguiceira e a formiga traballadora comeza tras unha noite de tormenta que vai mudar a vida da formiga -coidaba as flores e cantaba cancións que ninguén escoitaba- e a da cigarra -chega ao outeiro tras procurar durante moito tempo un mellor lugar onde vivir en paz. Unha historia para superar medos e facer na vida o que realmente queremos.
}

22.00 horas

Auditorio Municipal

Para público adulto

Entrada: 6€

Grupo Chévere: «AS FILLAS BRAVAS DE MOMÁN 2025»

Descrición

Compañía gañadora do Premio Público Adulto 2024.
Faráselle entrega dun agasallo ao comezo da actuación.

Tres mulleres tocan e cantan o que lles peta, como fixeron súa nai e a nai de súa nai. Elas son fillas do vento, e viven en Momán, unha aldea onde todo é posible, modelos vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan cantos de rebeldía e valorizan a muller nunha memoria e unha identidade colectiva. Espectáculo en lingua galega e en lingua de signos.

MÉRCORES 6 DE AGOSTO

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Compañía Píscore: «MOLTO BARROCO»

Descrición

Compañía gañadora do Premio Público Infantil 2024.
Faráselle entrega dun agasallo ao comezo da actuación.

Obra seleccionada no Festival de Almagro 2024

Esmendrellante paseo pola época e a música barroca, para facer rir a todos os públicos, nun espectáculo cómico e visual: clown, música clásica, composicións propias e unha moi coidada posta en escena son fonte de diversión pura.

}

22:00 horas

Auditorio Municipal

Para público adulto

Entrada: 6 €

Compañía Berrombambán: «UBASUTE»

Descrición
Peza aparentemente simple, de difícil clasificación, conxuga xéneros e reflexiona sobre o abandono. Dun xeito sutil, toca temas graves a través dun xoguete escénico livián que permite emprender múltiples viaxes, acompañando o tránsito de cada personaxe ou iniciando unha viaxe interior onde o espectador se recoñece mentres se abandona ao implícito entre liñas.

XOVES 7 DE AGOSTO

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Naúfragos Teatro: «BULE BULE»

Descrición
A Candela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco que ela mesma quere construír; pero non é doado ser patroa, e menos aínda facer un barco. Unha obra que explora os camiños da igualdade, destacando o esforzo por derrubar barreiras que impiden acceder a determinadas profesións.
}

22.00 horas

Auditorio Municipal

Para público adulto

Entrada: 6€

Culturactiva Producións: «NADA SE SABE»

Descrición

Coprodución co Centro Dramático Galego

Dúas actrices e dous actores, con discapacidade recoñecida, repasan diversas visións da diversidade funcional no teatro clásico, nunha adaptación de Filoctetes -traxedia de Sófocles- que presenta a idea da diferenza, da persoa discriminada que a sociedade non sabe ou non quere incluír. Un espectáculo único no teatro galego.

VENRES 8 DE AGOSTO

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

Para público familiar

Entrada: 1,50€

Caramuxo Teatro: «CRISÁLIDA»

Descrición

Premio María Casares ao Mellor espectáculo Infantil 2024.

Para celebrar o vixésimo aniversario, a compañía presenta o seu vixésimo quinto espectáculo: unha comedia sobre a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. Homenaxe a un concepto de comercio que fomenta a convivencia e crea comunidade.

}

22.00 horas

Auditorio Municipal

Para público adulto

Entrada: 6€

Compañía Galeatro: «ARTE SEN GUIÓN»

Descrición

Coprodución co Centro Dramático Galego

A derradeira banda de comedia da Idade Media vai presentar un espectáculo coma os que se representaban naquela época, pero, con tanta festa e tanta viaxe no tempo, esquece os diálogos. E non queda máis que a intuición e a música para guiar unha divertida función baseada na improvisación e o teatro cómico.

SÁBADO 9 DE AGOSTO

}

12:00 horas

Praza da Pulida

Espectáculo de circo, para todo público

Entrada: de balde

Zirko Txosko: «OH PERA!»

Descrición
Todo cambia, nada permanece, cada transformación dá paso a unha manchea de posibilidades. O mundo está composto por pezas elementais, o noso mundo está conformado por caixas que mudan en universos diferentes. Unha viaxe polas posiblidades da vida, polas eleccións que cada día facemos, unidas por unha materia escura: o amor.
}

21.00 horas

Praza da Pulida

Espectáculo de circo, para todo público

Entrada: de balde

Agrupación Assircopatas: «ROGELIO III. LA FÊTE»

Descrición
Rogelio, o personaxe máis querido do circo galego, pecha aquí unha triloxía sobre a soidade: el vai celebrar o seu aniversiario, e só falta que veñan os amigos, así que hai que saber agardar.
Un espectáculo con malabares, equilibrios, música e moito humor para toda a familia.
Logo Mostra Tetrato Galego Carino
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.