Programa

Vernes 10 de Agosto

}

11:00 – 14:00 Horas

Parque do concello "Campín"

Obradoiro de Circo en Familia

Descrición

Unha actividade para desfrutar en familia. Se traballarán varias disciplinas: equilibrios, malabares, aéreos ou cable e acrobacias.

Un día no circo” (ou Escola de Saltimbanquis) é un programa de obradoiros para aprender acrobacias, malabares, clown, funanbulismo, aéreos, cunha particularidade a destacar, que van destinados tanto para nenos e nenas como para os seus pais e nais. Trátase de estimular a curiosidade por aprender e as ganas de xogar dos rapaces, ademais de fomentar que os pais e as nais compartan actividades cos seus fillos nun ambiente lúdico.

Monitores especializados en cada disciplina serán os encargados de levar a cabo a actividade.

1. Malabares: Trabállase fundamentalmente a coordinación dinámica específica a través da manipulación de diferentes obxetos. Coordinación óculo– manual, lanzamentos e recepcións dos aparatos manipulados, percepción espazo–temporais dos aparatos en movementos, e a lateralidade.

2. Equilibrio: Trabállase fundamentalmente as habilidades coordinativas, e concretamente o equilibrio, a través da utilización de diferentes aparatos. Percepción espacio–temporal do material utilizado e percepción espacial. Pretendemos acadar un equilibrio dinámico e estático.

3. Acrobacia: Traballamos a coordinación dinámica xeral, posto que esixe, o dominio da totalidade do corpo. Nos obradoiros desta disciplina pretendemos acadar unha coordinación xeral, percepción espacio temporal e traballar a axilidade, forza, flexibilidade,e o equilibrio tanto dinámico coma estático.

4. Aéreos: Arte circense consistente en pedurarse no aire sobre diversos aparellos movéndose e xerando figuras fermosas ou arriscadas.

Nesta actividade poderemos experimentar co corpo no ar, pendurandonos ou apoiandonos en lugares diferentes ao chan, cun equilibrio e cun movemento diferente. Cómpre seguir as instruccións do monitor e facerlle caso en todo momento.

Sábado 11 de Agosto

}

12:30 horas

Porta da Pulida

Entrada gratuíta

Natalia Outeiro “Pajarito”: «A Vida Tola»

Descrición
Artista en escena: Natalia Outeiro “Pajarito”.
Técnicas de Circo: Clown, escapismo.
Duración: 45 minutos
Para todos os públicos

O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa. PAJARITO é a número un, e a número dous tamén….é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!! Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número de escapismo percorreremos en aproximadamente 45 min o proceso de liberación das súas ataduras, onde a pequena “pajarito” remata libre coma o vento e con moitas ganas de…”coñecer mundo”. Final con lúa de mel, Felipe “eres tú mi príncipe azul que yo soñé…”, con acrobacias, voda e moita máis diversión. A frescura desta pallasa fai que cada función, cada praza, cada príncipe sexa irrepetible.

}

20:30 horas

Plaza Roxa

Entrada gratuíta

Cirk About It: «O Apartamento»

Descrición

Mellor espectáculo de rúa na Feira de Teatro Castela León – Ciudad Rodrigo 2016
Premio do público ao mellor espectáculo no Festival Internacional Malabharía Lanzarote 2017
Premio ao mellor espectáculo de rúa en FETÉN Gijón 2017

Artistas en escena: Torna, Laura e Miguel.
Técnicas de Circo: Equilibrios e saltos acrobáticos.
Duración: 50 minutos
Para todos os públicos

O Apartamento é un lugar onde todo é posible… O que para a maioría, actos como levantarse, almorzar, cambiarse de roupa ou incluso cambiar unha lámpada vólvese algo mecánico e casi instintivo, para eles convírtese nunha serie de accións repletas de proezas e complicacións acrobáticas.
Cando o circo é o protagonista no salón de calquera fogar, todo pode escapar da normalidade e convertirse en excepcional.
Cirk About It plantexa unha situación cotidiana como pode ser a convivencia nun apartamento para explicar como a rutina pode romperse con facilidade, simplemente engadindo unhas gotiñas do mellor circo.

Domingo 12 de Agosto

}

12:00 horas

Praza da Ribeira

Entrada gratuíta

Culturactiva: «Saaabor!»

Descrición
Dirección: Avelino González.
Xénero: Comedia, teatro de rúa.
Duración: 55 minutos
Para todos os públicos

Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.

}

13:15 horas

Parque do Concello "Campín"

Entrada gratuíta

Concerto: «Ukestra Do Medio»

Descrición
Artistas en escena: Sara Piñeiro, Kátia Mera, Alfonso Collazo, César Parcero, Alberte L.C. e Yolanda Porto
Xénero: Música de ukeleles

A Ukestra do Medio é un grupo de ukeleles que nace en Compostela a finais de 2013. Despois dun primeiro ano de arduos ensaios conseguen montar un repertorio do mais ecléctico que comezan a presentar por bares, salas, centros sociais e festivais de todo o país acadando grande aceptación por parte do público.

O repertorio caracterízase pola variedade e heteroxeneidade dos temas, levando ao seu terreo pezas dos mais diversos estilos: dende clásicos do rock’n’roll, country, swing ou pop a cancións tradicionais galegas ou portuguesas, jarochos mexicanos, tangos ou bossanovas. Entre estes temas hai tanto cancións moi coñecidas como outras moitas menos habituais.

A lista de autores aos que renden homenaxe ilustra perfectamente esa amplitude de estilos; entre eles están The Mills Brothers, Neil Young, Os Cempés, Martinália, Los Cojolites, Norah Jones, Shocking Blue, Lou Reed, Andrés do Barro, Carlos Gardel, Os Novos, Tears for Fears, Vance Joy, Roberto Carlos, The Human League, Tom Waits, Patsy Cline, José Afonso, The Brosas, The Raconteurs,…

}

20:30 horas

Prazo do Mercado

Entrada gratuíta

Shakti Olaizola: «Baldín Bada»

Descrición

Segundo Premio Off CIRCADA UNIA 2017

Artistas en escena: Shakti Olaizola e Joseba Negro.
Xénero: Circo, teatro.
Duración: 45 minutos
Para todos os públicos

Coñeceremos de preto os disparates e as locuras dunha pintora e un músico. Para elas todo é posible no seu mundo e constrúen a súa disparatada realidade como máis lles gusta. Para esta peculiar pintora a simple acción de pintar pode chegar a ser toda unha aventura. Ademáis, vendo ao público presente decide que hoxe é o día no que probar as disparatadas ocurrencias que sempre quixo facer. É moi torpe, pero a súa torpeza lévaa a mostrarnos grandes habilidades que posúe: pintar cos pes, facer equilibrios imposibles, cantar en posturas moi raras… Todo isto acompañada polas melodías e habilidades musicais do seu compañeiro.

Luns 13 de Agosto

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

1€

Partículas Elementares: «O Ninho» (Portugal)

Descrición
Artista en escena: Carlos Silva.
Xénero: Monicreques.
Duración: 45 minutos
Para todos os públicos

Era unha vez un neno que sobrevoava o mundo nun avión vermello. Nunha das súas paradas, atopa unha árbore con un niño.

E no niño hai un ovo. E dentro un paxariño. E agora qué facer? Seguir a viaxe ou quedar e chocar o ovo?

Unha metáfora visual nun espectáculo simple e intimista.

}

22:15 horas

Auditorio Municipal

5€

Contraproducións: «Commedia. Un xoguete para Goldoni»

Descrición

Premio Compostela 93 á mellor dirección, mellor actor e mellor espectáculo. Premi de la crítica del País de Valencia 1994 e Premio de la A.I.T.A de Alicante 1995

Dramaturxia e Dirección: Cándido Pazó.
Artistas en escena: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, Santi Prego e Sergio Zearreta.
Xénero: Comedia

Espectáculo estreado en 1993 pola Compañía Ollomoltranvía no Festival Internacional de Ribadavia, acabou sendo un dos fitos do teatro galego. Máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia.

Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, Contraproducións revisita aquela experiencia.

Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engaña.

Desesperado, quere matarse. Pero deteno unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon.

Arlecchino esquéceo todo. Pero, como daño colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.

A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da “commedia dell ´arte”: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina…

Martes 14 de Agosto

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

1€

Baobab Teatro: «Pum, Pum!»

Descrición

Nominación ao mellor espectáculo infantil nos María Casares 2018.

Dirección: Óscar Ferreira.
Artistas en escena: Davide González e Andrea Bayer.
Xénero: Monicreques, teatro de actor, música, máscaras e sombras.
Duración: 50 minutos
Para público familiar e nenos/as a partir de 4/5 anos

Marieta é unha nena coma calquera nena de 5 anos, ela está rodeada de portas, portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere, pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo, que nunca contou e ninguén escoitou, por iso Marieta ás veces non fala e queda calada, por iso Marieta sempre se enfada, por iso dende hai tempo ten pesadelos e máis pesadelos.

Pum, Pum! é un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos/as destas idades pero tamén fala dunha mensaxe moi clara: Dende moi pequenos/as teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non queren.

}

22:15 horas

Auditorio Municipal

5€

A Panadaría: «Elisa e Marcela»

Descrición

4 premios María Casares 2018: espectáculo, dirección (Gena Baamonde), actriz protagonista (Areta Bolado), e texto orixinal.

Dirección: Gena Baamonde.
Artistas en escena: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman.
Xénero: Comedia musical.

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e información manipuladas.

A Panadaría presenta unha reconstrucción irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento.

Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

 

Mércores 15 de Agosto

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

1€

Trompicallo: «Planeta Ardora»

Descrición
Artistas en escena: Sabela Amado Rojo, Marián González e Luís González.
Xénero: Monicreques.
Duración: 50 minutos
Público infantil e familiar.

Houbo un día no que o Planeta Ardora estivo cheo de luz, un día no que florecían as “adalas”, que así é como se chaman alí as flores, os “tulús”, os peixes, nadaban na ardora que é a auga-luz que da nome ao planeta e que ilumina a moitos seres que ali viven, naqueles días Ardora podía considerarse un Planeta feliz…pero, (sempre hai un pero senón non existirían as historias), todo isto rematou, alguén comezou a estragar a auga-luz e con ela ao resto da vida, deixando todo enzoufado e noxento, os pobres ardorianos non sabían que facer nin onde ir e vagaban polo planeta ennegrecido intentando atopar un lugar para empezar de novo, cando un pequeno ser, un verme, nun curruncho do planeta, é quen de devolverlles a esperanza e as forzas para loitar e intentar salvar Ardora… agora só queda por ver si o conseguirán.

 

}

20:30 horas

Plaza Roxa

Entrada Gratuíta

Godot: «Lullaby» (Portugal)

Descrición

Mellor espectáculo de rúa na Feira de Teatro Castela León – Ciudad Rodrigo 2017

Artistas en escena: Rui Paixão e Carlos Reis.
Xénero: Clown.
Duración: 40 minutos
Para todos os públicos. A partir de 5 anos.

Lullaby é un espectáculo dinámico coa participación directa do público, nunha performance cómica e provocadora que abre espazo ao xogo de improvisación entre un pallaso transgresor e o espectador. Nesta aventura, partimos todos á búsqueda da sonrisa, da complicidade e da emoción, embarcando nun ambiente poético, alimentado pola música en directo, rumbo a un novo mundo de xogos.

 

}

22:15 horas

Auditorio Municipal

5€

Mofa e Befa: «Cranios Privilexiados… ou crítica da razón perralleira»

Descrición
Dirección: Carlos Santiago.
Artistas en escena: Víctor Mosqueira e Josito Porto.
Xénero: Comedia.
Duración: 90 minutos.
Público: Maiores de 13 anos.

Mofa e Befa sométense a un duro exercicio espiritual poñendo en cuestión a súa propia filosofía escénica: o perralleirismo, unha filosofía baseada no principio de que todo problema ten solución, e se non a ten, non queda outra que inventala.

Nesta incursión destemida nos camiños da filosofía, todo son preguntas. Será que se pode atopar unha resposta perralleira ás grandes preguntas da humanidade? Son os cómicos seres pensantes ou só o parecen? Hai vida antes da morte? Para que serve un concepto nunha comedia? Que é mellor, saber ou non saber o que fai a veciña do lado polas noites?

Dispostos a solucionalo todo e armados cun simple biombo, Mofa e Befa emprenden viaxe polo fascinante mundo das ideas onde serán asaltados e posuídos por todo tipo de personaxes: filósofos lucenses, domadores de circo anti-darwinianos, eremitas positivistas, cantantes sufís ou cobradores da luz con ideas propias sobre a teoría da relatividade. Un freak show de pensadores e pensamentos que non renuncia a comprender a realidade actual, por difícil que pareza.

Dous cranios privilexiados á procura de respostas, dispostos a convencernos da validez do seu método: “No perralleirismo atoparedes a verdade”.

Xoves 16 de Agosto

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

1€

Ghazafellos Teatro: «Lúa»

Descrición
Dirección: Pepablo Patinho.
Artistas en escena: Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho.
Xénero: Teatro actoral.
Duración: 60 minutos.
Público infantil e familiar. Maiores de 5 anos.

Na terra algo acontece; hai moito ruído, berros, enfados… A Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse. Así que decide baixar á terra e saber o por qué de tanto barullo. Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico, da relación que temos as persoas no noso mundo, que nos leva a non entendernos e provocar medos e violencia. Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo dos maiores cos ollos da infancia…

 

}

20:00 horas

Local Social

Entrada Gratuíta

Presentación da erregueté: Lectura-Concerto de «Lear»

Descrición

Duración: 30 minutos

Lear, de Francesc Meseguer foi a obra gañadora do prestixioso Premi Born de Teatre en 2016. Publicada en galego no número 92 da erregueté-Revista Galega de Teatro, a peza ofrece un monólogo no que a reflexión sobre a arte escénica se funde coa crítica e a política cultural. A erregueté regresa á Mostra de Teatro de Cariño con unha lectura dramatizada de Lear acompañada de música en directo da man de Davide González e Vanesa Sotelo.

}

22:15 horas

Auditorio Municipal

5€

Redrum Teatro: «A canción do Elefante»

Descrición

Dirección: Álex Sampayo.
Artistas en escena: Patricia Vázquez, Machi Salgado e Guillermo Carbajo. Ernesto Chao causa por problemas de saúde.
Xénero: Thriller.
Duración: 80 minutos.

A Cancion do elefante

Un psiquiatra desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

“A canción do Elefante” é un apaixoante thriler psicolóxico que manterá pegado na butaca ao espectador ata o seu desenlace.

Venres 17 de Agosto

}

12:00 horas

Auditorio Municipal

1€

María Fumaça: «Aire»

Descrición
Artistas en escena: Familia María Fumaça.
Xénero: Músical.
Duración:
Público infantil e familiar.

María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos… viaxan nun libro-disco, con CD e DVD, no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.

}

20:00 horas

Prazo do Mercado

Entrada Gratuíta

Okidok: «Slips Experience» (Bélxica)

Descrición
Artistas en escena: Xavier Bouvier e Benoiît Devos.
Xénero: Humor, acrobacias e teatro xestual.
Duración: 45 minutos
Para todos os públicos.

Pierrot e Marcel teñen corpos de ensoño, corpos de estrelas. Musculosos, elegantes, hábiles, multifacéticos e moi conscientes de tódalas súas incribles cualidades lánzanse nunha gran demostración dos seus talentos. E sabe Dios que teñen moitos!
Talento en estado puro, o mellor da acrobacia, a esencia do mimo, o culmen da danza; resumindo, a poesía bruta dos anos gloriosos do music-hall.
Unha hora de risas, sen palabras, con moi pouquiña cousa.

}

22:15 horas

Auditorio Municipal

5€

Chévere: «Río Bravo 3.1»

Descrición
Dirección: Colectiva.
Artistas en escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Xron, Manuel Cortés, Marcos Ptt Carballido, Xacobe Martínez antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.
Xénero: Comedia Musical.
Duración: 90 minutos.

Río Bravo, un lugar do (nor)Oeste, á saída dalgunha revolta, onde os homes son homes e as mulleres tamén. Un musical trepidante que esgota por fin os estereotipos do western ríndose de todos eles. O lugar onde Chévere se atopou consigo mesmo e iniciou a marcha lenta e implacable cara á busca da súa identidade. Esta é unha revisitación do mito. Río Bravo está no mesmo sitio. Non mudou de ubicación nin de apariencia. Os personaxes, os ambientes, a aventura, en definitiva, segue sendo a mesma. E algúns dos que a fan posible tamén. Un musical en directo. Unha comedia disparatada. Unha festa teatral para goce de todos os públicos. Vintesete anos despois coma se fose hoxe.