• Será a primeira vez que un grupo amateur formado por nenos e nenas das actividades extraescolares municipais actúe no marco da Mostra.
  • O espectáculo representarase o sábado, 2 de agosto, no Auditorio Municipal.

 

A XLVII Mostra de Teatro Galego de Cariño está a piques de levantar o pano, cunha programación oficial que ofrecerá 14 espectáculos entre o domingo 3 e o sábado 9 de agosto. Sen embargo, como antesala a esta semana de teatro, o sábado 2 de agosto ofrecerase unha función especial fóra de programación, aberta ao público e centrada no talento local.

Trátase da estrea de ‘Ás 12’, unha obra creada e interpretada polo grupo de teatro formado por preto dunha vintena de nenos e nenas das actividades extraescolares do Concello de Cariño. Por primeira vez, o grupo amateur subirá ao escenario no contexto da Mostra, aínda que fóra da súa programación oficial por unha cuestión de prazos. A función terá lugar no Auditorio Municipal ás 12:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.

O grupo está dirixido por Pepablo Patiño, actor profesional e membro da recoñecida compañía Ghazafelhos. Patiño foi o encargado de guiar e dirixir todo o proceso creativo nesta montaxe, que supón todo un fito nos 47 anos da Mostra de Teatro Galego de Cariño.

A obra ‘Ás 12’ non só representa unha oportunidade única para que o público coñeza o traballo desenvolvido polos máis pequenos e pequenas ao longo do curso, senón que tamén visibiliza a importancia de incorporar espazos reais de exhibición para as novas xeracións, así como o compromiso do Concello de Cariño coa promoción do talento local.

Logo Mostra Tetrato Galego Carino
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.