A Compañía Píscore recibiu este venres o Premio Público Infantil da Mostra de Teatro Galego de Cariño 2025, un galardón que recoñece a proposta mellor valorada polo público familiar na pasada edición do certame.

O premio foi entregado polo concelleiro de Cultura, Andrés Balado, tras a representación de ‘Concerto Singular’, espectáculo co que a compañía regresou este ano ao escenario da Mostra.

Píscore acadou este recoñecemento grazas a ‘Molto Barroco’, a proposta coa que participou na edición de 2025 e que sumou un total de 684 puntos, converténdose na obra infantil favorita do público.

A Mostra despedirase este sábado con dous espectáculos de balde

A XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño continuará esta noite, ás 22:00 horas, coa actuación do actor e humorista Carlos Blanco, que presentará ‘A Penúltima’ no Auditorio Municipal.

A programación despedirase o sábado, 8 de agosto, cunha dobre cita na Porta da Pulida. Ás 13:00 horas, a compañía A Vela Circo ofrecerá ‘Enredos’, un espectáculo circense para todos os públicos. Xa pola noite, ás 22:00 horas, o ilusionista Joshua Kenneth pechará esta edición con ‘Degustación de imposibles’, un espectáculo de maxia tamén para todos os públicos.

Logo Mostra Tetrato Galego Carino
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.