• A xornada deu comezo ás 13:00 horas coa representación da obra ‘Moby Dick’ na Praza da Pulida.
  • A alcaldesa, Ana María López, indicou que “a Mostra de Teatro é moito máis ca un evento cultural, é parte da nosa identidade e da nosa tradición, algo que debemos coidar”.

O Concello de Cariño inaugurou este domingo, 3 de agosto, a XLVII edición da Mostra de Teatro Galego, que converterá ao municipio do Ortegal na capital autonómica do teatro ata o próximo sábado, 9 de agosto.

A xornada comezou ás 13:00 horas na Praza da Pulida, onde se levou a cabo a representación da obra ‘Moby Dick’, un espectáculo gratuíto da Compañía Pedras de Cartón co que puideron gozar todos os asistentes. A peza, baseada na famosa historia de Melville, contou con varias marionetas e monicreques que fixeron as delicias da cativada.

Logo da representación, os protagonistas da obra fixeron un percorrido polas rúas de Cariño entregando trípticos e tarxetas coa programación completa da Mostra aos veciños e visitantes.

A alcaldesa de Cariño, Ana María López, indicou que “a Mostra de Teatro é moito máis ca un evento cultural, xa que é parte da nosa identidade e da nosa tradición. É algo que debemos coidar porque representa un espazo moi importante para todos os cariñeses e cariñesas”.

López tamén quixo destacar “o compromiso do Concello por manter vivo un evento que leva case medio século enchendo as rúas e os escenarios de Cariño de historias, emocións e arte, converténdose desde fai anos nun evento imprescindible no calendario cultural de Galicia”.

Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Laura García, salientou que “esta XLVII edición da Mostra aposta por espectáculos para todos os públicos, coa intención de achegar o teatro á veciñanza e aos visitantes dende as primeiras idades e fomentar unha participación activa da comunidade. Queremos que cada recuncho de Cariño respire cultura e que a Mostra siga sendo un referente dentro e fóra de Galicia.”

O luns, 4 de xullo, darán comezo as obras de teatro no Auditorio Municipal, coas pezas ‘A nena e o grilo camiño das cores’, de Teatro dos Ghazafelhos & Magín Blanco ás 12:00 horas, e ‘Testosterona’, de Malasombra Producións ás 22:00 horas. As entradas estarán á venda media hora antes de cada función.

A programación completa está dispoñible para a súa consulta na páxina web da Mostra (www.mostrateatrocarino.gal) e nas redes sociais oficiais.

Logo Mostra Tetrato Galego Carino
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.