A programación da XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño continúa non só coas representacións que conforman o cartel desta edición, senón tamén coa entrega dos galardóns correspondentes á edición anterior. Tras a función de onte, protagonizada polo Grupo Chévere coa obra Ictus, o concelleiro de Cultura, Andrés Balado, fixo entrega á compañía do Premio Público Adulto da Mostra 2025. O edil aproveitou a ocasión para felicitar ao elenco polo seu talento e agradecer a súa participación nunha edición na que volveron conquistar ao público.

O Grupo Chévere fíxose co recoñecemento no 2025 e grazas á súa obra As Fillas Bravas de Momán 2025. Tras a representación deste traballo, o grupo teatral acadou un total de 520 puntos. Non é a primeira vez que a compañía conquista un dos galardóns da Mostra. Así, no 2024 xa o conseguiran grazas a As Fillas Bravas e o mito de Casandra.

Programación

A programación continuará mañá, mércores 5 de agosto, coa obra familiar Berenguela na gaiola, de Galeatro e Xarope Tulú, ás 12:00 horas (1,50 euros). Ás 22:00 horas, a bailarina e creadora Mariña Lestón presentará Costa da Morte. Cartografía dun naufraxio, unha proposta dirixida a público adolescente e adulto (6 euros).

O xoves 6 de agosto, a compañía Tarabela Creativa levará ao Auditorio Municipal, ás 12:00 horas, o espectáculo familiar Tarabela Ambulante (1,50 euros). Xa pola noite, ás 22:00 horas, De Ste Xeito porá en escena a comedia Feminísimas, destinada ao público adulto (6 euros).

O venres 7 de agosto, a música e o humor serán protagonistas coa actuación de Píscore, que presentará Concerto Singular ás 12:00 horas (1,50 euros). Tras a representación, faráselle entrega do Premio do Público Infantil da pasada edición á compañía Píscore. Ás 22:00 horas, o actor e humorista Carlos Blanco subirá ao escenario do Auditorio Municipal coa súa proposta A Penúltima (6 euros).

O sábado, 8 de agosto, a edición despedirase cunha dobre proposta na Porta da Pulida. Ás 13:00 horas, a compañía A Vela Circo ofrecerá o espectáculo circense Enredos, dirixido a todos os públicos e con entrada gratuíta. Pola noite, ás 22:00 horas, o ilusionista Joshua Kenneth pechará a programación con Degustación de imposibles, un espectáculo de maxia tamén para todos os públicos e con entrada de balde.

Logo Mostra Tetrato Galego Carino
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.