A XLVIII Mostra de Teatro Galego do Concello de Cariño quedou inaugurada hoxe cun acto celebrado no exterior da Casa do Concello, dando comezo a unha nova edición dun dos eventos culturais de referencia do verán na comarca.

Tras as intervencións institucionais, a compañía Catropés abriu a programación coa proposta itinerante ‘Animacreques’, que encheu as rúas de cor, música e animación, convidando ao público a formar parte do espectáculo.

A programación da xornada continuou na Praza da Pulida coa representación de ‘Historias para escagharriñarse’, da compañía Teatro Ghazafelhos, unha función que reuniu a numeroso público e consolidou o ambiente festivo da primeira xornada da Mostra.

A actividade pecharase esta noite, ás 21:00 horas e tamén na Praza da Pulida, coa representación de ‘Tríade e Alleo’, a cargo da compañía Colectivo Glovo, completando así unha intensa primeira xornada desta XLVIII Mostra de Teatro Galego.

A Mostra continuará durante os próximos días ata o próximo 8 de agosto cunha ampla programación que volverá converter Cariño nun punto de encontro para o teatro galego, con espectáculos para todos os públicos e compañías de referencia do panorama escénico.

Logo Mostra Tetrato Galego Carino
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.