A XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño encara hoxe, sábado 8 de agosto, a súa recta final cunha dobre proposta na Praza da Pulida que combina circo, humor, habilidade, maxia e ilusión. Tras a celebración esta mañá do espectáculo ‘Enredos’, da Compañía A Vela Circo, a programación da Mostra chegará esta noite ao seu punto final coa actuación de Kenneth Illusionist.

A primeira cita da xornada, celebrada ás 13:00 horas, levou á Praza da Pulida o espectáculo ‘Enredos’, da Compañía A Vela Circo, unha proposta para todos os públicos na que unha vella fábrica se converteu no escenario de aventuras e situacións inesperadas. A montaxe combinou circo, humor, habilidade e imaxinación nunha proposta pensada especialmente para desfrutar en familia.

A programación da última xornada continuará esta noite, ás 22:00 horas, coa actuación ‘Degustación de imposibles’, de Kenneth Illusionist. A maxia e a ilusión serán as protagonistas desta última proposta da XLVIII Mostra, tamén de balde e dirixida a todos os públicos, que poñerá o punto final a unha semana de programación escénica.

A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destacou que “a Mostra volve demostrar a súa capacidade para achegar a cultura á rúa e converter Cariño durante estes días nun punto de encontro para as artes escénicas”. Neste sentido, sinalou que “apostar por unha programación diversa, de calidade e accesible para todos os públicos é tamén unha forma de facer concello e de dinamizar a vida social e económica de Cariño”.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Andrés Balado, puxo en valor que “esta edición volve apostar por levar o teatro e as artes escénicas a diferentes espazos e por ofrecer propostas para públicos moi diversos”. O responsable municipal animou á veciñanza e ás persoas que se acheguen a Cariño a “desfrutar desta última actuación, con maxia, ilusión e unha proposta para todos os públicos que nos permitirá despedir a Mostra cunha gran festa cultural”.

A XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño afronta así a súa última cita desta edición coa proposta de Kenneth Illusionist, mantendo a súa aposta por unha programación diversa na que o teatro e as diferentes disciplinas escénicas volven ser protagonistas da actividade cultural do municipio.

Logo Mostra Tetrato Galego Carino
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.